Servizos de Arboricultura

ARBORICULTURA
Unha árbore é un ser vivo que nos aporta moitos beneficios, nós sabemos que elas poden salvar á humanidade e os retos e crises que enfrentamos como especie.
Que nos aporta unha árbore?
Os servizos ecosistémicos son todos os beneficios que as persoas recibimos das contornas naturais e zonas verdes. As árbores ofrecen unha grande variedade de beneficios ambientais, sociais e económicos que contribúen a mellorar a nosa calidade de vida e das nosas sociedades. Vivir perto dunha árbore conleva a que o aire que respiramos sexa máis puro, a climatoloxía local e os recursos hídricos estexan mellor regulados e apoian e favorecen unha maior biodiversidade de especies
Por todo isto é importante coidar o estado de saúde das árbores á vez que minimizamos os riscos personais e ás estructuras.
Con amplos coñecementos sobre o mundo da árbore e os seus problemas e desequilibrios, unha avaliación en profundidade, técnicas de trepa e equipamento especializado podemos asegurar unha xestión e traballos exitosos neste canto.
PODA EN ALTURA
RAÍCES SANAS PARA MEDRAR CON FORZA
Unha pola que vai cara o tellado ou enriba dunha estructura? Sempre coa maior seguridade posible realizamos traballos de poda sobre a árbore.
O corazón da árbore está nas súas raíces polo que a súa saúde exprésase no que vemos por riba da terra, as solucións de POTENCIACIÓN DE MICROORGANISMOS, MELLORA DO SOLO E DESCOMPACTACION son unhas boas ferramentas.

Apeo e Tala
Ás veces non queda outra opción que eliminar a árbore por risco ou por emprazamento equivocado, talando por seccións e sempre controlando a súa caída.
Asesoramento personalizado
O noso equipo está formado por expertos en arborícola con anos de experiencia, empregando técnicas seguras e respectuosas co medio ambiente.
Control Visual
Moitas veces podemos supoñer o estado dunha árbore dende o chan, necesitas un informe ou dubidas da saúde da túa árbore? Aquí estamos
MÁIS SERVIZOS
Xardinería
Creacion e mantemento de xardíns, prados e céspedes, setos, estanques…
Xardíns de baixo mantemento (ou xardins naturalizados)
Con técnicas que veñen da agricultura ecolóxica e da permacultura podemos crear espazos naturais de alto valor e cheos de biodiversidade usando métodos de acolchado, biotriturado, plantas auxiliares, plantas nativas, plantas comestibles…
Xestión e Diversificación de Montes
Plantacións de madeiras nobres, bosques comestibles, micorrización e producción de cogumelos, apicultura, fruticultura, creación e mantemento de pasteiros, aserradoiro portátil, etc.
Eliminación de EEI (Especies Extranjeras Invasoras)
Emprego de novas técnicas para combater a propagación e/ou a eliminación de espécies alóctonas invasoras (JABEPRODE© unha trampa selectiva para a Vespa Velutina, Anillado de Acacias spp., Cortaderia, Tradescantia, etc…).
Carpintería de Exterior
Emprego de madeiras locais e duradeiras (Robinia, sen mantemento e + de 20 anos de durabilidade) para a realización deestructuras en exterior (casetas, pergolas, emparrados, terrazas, bancos…) así como valados de madeira e muros en pedra seca.
Deseño de Espazos Naturais
Deseño de plantacións, bosques comestibles, bosques de proteccion…
Con uso de GIS dende a idea ata a implantación e coidado. CREACIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS DE LECER
Xardíns naturais, fontes e mananciais, hortas comunitarias, bosques rexenerativos e comestibles, parques infantís…
Recuperación de Solos e Biodiversidade
Deseño e creación de reservorios de auga e socalcos de infiltración (liña clave), protección de solo frente á erosión (mulching) e creación de biotopos.

Filosofía e máis proxectos
Deseño e xestión de montes estruturalmente diversos e moito máis estables e rentables, capaces de proporcionar unha grande variedade de produtos e servizos ao longo do tempo. Baseado en pequenas intervencións pero cunha maior frecuencia, orientadas por principios económicos e ecolóxicos, que coindicen coa idea de xestión adaptativa e de xestión forestal sostible, cunha maior adaptabilidade e resiliencia fronte aos incendios e ao cambio climático.
Traballos de claras e podas de formación, desbroces manuais e selectivos (protección do rexenerado natural, carballeiras novas, etc.), plantacións de madeiras nobres, bosques comestibles… Buscamos terreos para unha posible cesión cun beneficio mútuo e realizar plantacións mixtas de cedro, oliveiras e outras árbores, tamén para a vosa veciñanza (terras en abandono, etc.)
Servizos de Deseño para a Mellora e Potencialización de Espazos
Creación e mantemento de roteiros e posta en valor do património cultural, etnolóxico e natural (muíños, cruceiros e petos de ánimas, pontes, chozos, camiños e corredoiras tradicionais, camiños dos Arrieiros, etc.). Protección e promoción de espazos naturais así como zonas de interese comunitário como turbeiras, zonas húmidas e de alto valor ecolóxico.
Consultoría, formación e concienciación ambiental
Realización de palestras e obradoiros para a formación e educación ambiental para a veciñanza e colexios.
