Symbiose
Arboricultura con alma e experiencia

Poda profesional de árbores cun toque persoal
Ola e benvid@! Somos Lucas e Iván e este é o noso proxecto de traballo e vida feito realidade, despois de anos de estudos, viaxes e traballo para terceiros decidimos plantar esta semente que xa comeza a dar frutos e continúa a medrar con forza.
Somos unha cooperativa de traballo ubicada nas montañas da Lama, nun sitio privilexiado e bastante céntrico da xeografía de Galiza, 1h de Santiago, media hora de Pontevedra, 45 min. de Vigo e 1h 15min de Ourense. Presentámonos como un equipo de profesionais cualificados, autónomos e asalariados, equipados con ferramentas e tecnoloxías actualizadas e motivados para realizar calqueira servizo de xestión de arbolado, xardiñería, silvicultura, traballos en altura, carpintería de exterior e deseño de espazos naturais.
Por que confiar en Symbiose?
Sabemos que a poda é unha arte que require coñecemento e experiencia. Non se trata só de cortar pólas, senón de promover a saúde da árbore, previr riscos e mellorar a súa estética. Por iso, aplicamos técnicas especializadas e adaptadas a cada caso, garantindo un resultado óptimo e respectuoso coa natureza.
- Profesionalidade garantida: O noso equipo está formado por expertos en arboricultura con anos de experiencia, empregando técnicas seguras e respectuosas co medio ambiente.
- Atención personalizada: Analizamos as necesidades específicas de cada árbore e ofrecémosche a mellor solución para o seu benestar e desenvolvemento.
- Sensibilidade e respecto pola natureza: traballamos con conciencia ecolóxica para preservar a beleza natural.
- Proximidade e confianza: tomamos o tempo para escoitarte, explicar cada paso do proceso e asegurarnos de que estás satisfeito co servizo.
Symbiose, expertos en Poda de Árbores en Pontevedra e Santiago
En Symbiose prestamos un servizo profesional de arboricultura e poda de árbores en Pontevedra e Santiago, combinando técnica, sensibilidade e trato próximo. O noso equipo de especialistas é o encargado de avaliar cada árbore para garantir un mantemento seguro e eficiente, respectando o seu desenvolvemento natural e a harmonía do medio.
Ofrecemos servizo a particulares, comunidades, empresas e administracións públicas de Pontevedra e Santiago, abarcando dende pequenos xardíns ata grandes zonas verdes.